Anuncios

Triángulo de Amor Bizarro versionan aos Beach Boys en galego

A xente do programa Hoy Empieza Todo de Radio 3 anda metida nunha iniciativa ben interesante de homenaxear o Pet Sounds dos Beach Boys, que cumple medio século estes días, e chamounos moito a atención a inspiradísima versión en galego que fixeron Triángulo de Amor Bizarro de ‘Sloop John B’ (tema tradicional coñecido mundialmente pola versión que fixeron Brian Wilson e compañía), ao moi enxebre berro de Levanta xa o risón, que ven por aí o patrón.

[ACTUALIZACIÓN (11.58): O grupo subiu o tema a Youtube e plataformas de streaming]

Cómpre dicilo: que ben soa o galego na voz de Isa e que feitiña é esta versión, que nos serve de paso como celebración do Día Das Letras Galegas, que se celebra este 17 de maio (de aí a pequena licencia de escribir en galego este post, que adicamos con moito amor a Julián Ruiz e todos os da súa especie).

Anuncios